✻
✻
✻
ALBA NOGUEIRA



Sobre min 🌻
Alba Nogueira (Vilagarcía de Arousa, 1996), actriz e creadora escénica graduada en Interpretación Textual pola ESAD de Galicia (2018) e no Máster de Dirección e Xestión de Industrias Culturais e Creativas (2024).
Inicio o meu traxecto profesional como actriz na peza Reino da Extinción da compañía Amorodio Teatro (2021-22). Posteriormente, fun recoñecida no FIOT de Carballo pola peza ACTRIZ, CHORA, cocreada en Cacharela Teatro, co Premio do Público á Mellor Interpretación. Dende 2023, formo parte do elenco da peza Arte sen Guión da compañía Galeatro.
Para manterme en activo, continúo a miña formación teatral e audiovisual. Paralelamente, desenvolvo o meu proxecto musical como A Riso, do que son compositora e cantante. Ademais, compaxino a miña actividade artística coa presentación de eventos, impartindo formación teatral así como formando parte de proxectos de xestión cultural da man de LAbA Servizos Culturais.
Coñece un pouco máis de min a través dos meus traballos
















